Sinto escribir esta entrada en galego pero acábome de atopar un texto (mais ben é unha opinión) no foro da miña carreira que quero reproducir, xa que explica moi ben o que sentimos moitos respecto ao estado e ao país ao que pertencemos, que non son o mesmo, por suposto.

Cada vez que os medios de comunicación estatais falan de “nuestras costumbres” recorreme un calafrío de pensar que estan a contribuir a unha idea falsa dunha nación que non é, senón unha xuntura de moitas outras que se mesturan e se axudan mutuamente para seren todas máis grandes e ricas(culturalmente, digo). Pero non é o mesmo xuntos ca revoltos, e a nación que se esquece a si mesma pola puxanza da influenza veciña non medra, senón que perde, perdese a sí mesma, a súa historia e tradición, a súa cultura e a memoria dos seus antergos.

Elrohir dixit

*Si alguien no lo entiende más o menos y quiere hacerlo, se lo puedo traducir en un momento en los comentarios :)