(artículo escrito en gallego porque me sale así de dentro, lo siento castellanoparlantes)

Aos que nacimos na década dos 80 en Galiza gústanos que nos chamen a Xeranción X, non por esa xeración que naceu a partires do 1970 e que tanto aparece nos anuncios de Coca Cola, senón que a nós, a X é de Xabarín, do Xabarín Club, ese programa infantil que emitiu a TV durante moitos anos e que tanto nos gustaba e que tanto nos ensinou.

O Xabarín Club era ese espacio que todos viamos e comentabamos no colexio ao dia seguinte, era ese espacio onde esperabas co bocadillo na man a que botaran Son Goku ou Doraemon e onde cando botaban os descansos poñían antes unha canción que te sabías de memoria gracias ao karaoke que tiña cada canción. O Xabarín Club ensinounos a non ter medo da nosa identidade galega, a darlle importancia ao idioma e a coñecer unha televisión que non atontaba, que ensinaba e animaba a facer cousas por un mesmo, a ler libros, cómics, a xogar fora (¿cando a televisión recomenda que non a vexas?) cos amigos, a deixar a videoconsola e un montón de cousas mais.

Todo o que nos deu o Xabarín o teño comentado moi abundantemente cos meus amigos e, aínda que todos vivimos a experiencia de maneira diferente, sempre coincidimos nunha cousa, o Xabarín Club ensinounos a querer á música. Coas súas cancións abriron un mundo a uns chavales que por aquela so escoitaban o que botaban pola radio, estilos como o ska, o hip-hop, o rock nacional (de Galicia, por suposto), o reggae ou mesmo música tradicional aparecían sempre en tódalas cancións do repertorio do Xabarín Club, e sempre cantadas por artistas punteiros naquela época que se ofrecían gustosamente (supoño que cobrando) para culturizar musicalmente a uns pipiolos que non levantaban moito mais de medio metro do chan.

A pena foi que o Xabarín Club foi perdendo forza, quizais porque a xente que o levaba se foi indo da TVG o quizais porque o boom que tivo lle fixo moito mal, non sei, pero o Xabarín Club non voltou a ser o que era. Aínda que agora parece que coa TDT e a segund canle van intentar traelo de novo ao seus orixes, haberá que velo.

¿E todo este remember por qué? Pois porque atopei (gracias ao Twitter de IaRRoVaWo) esta canción de Iván Ferreiro para o suposto novo Xabarín e me trouxo moitos recordos. Disfrutade da canción, porque é moi boa, non so por ser de Iván Ferreiro, senón por ser do Xabarín!