25 de xullo, día da Galiza

¡IRMANS NA TERRA!

A todol’os galegos por igual, a todos, -porque, quei(ran) ou non, todos sinten nacer no fondo da súa i’alma a Galiza de que son fillos,- van dirixidas istas verbas de fervor i’eisaltación apaixoada.

A Galiza auténtica, tradicioal, histórica, popular, inxel, que ainda alenta en cada un de nós, que latexa ainda en todol’os recunchos da nosa Terra, soerguida por riba do balduque ministerial de ordeanzas e decretos; que, pese a todol’os desleigados e pese a todo, vive, e ten n’ista Hora -encrucillada de vieiros- os seus brazos abertos pra recibirnos n’unha aperta de íntima comunión, n’unha aperta alba e roxa, pura e cordial, na que se amezan corpos e esprítos: azos do peito e azos da i’alma.

N’iste Día, en que se alcenden as fogueiras íntimas de todol’os fogares da nosa Terra, non pode fallar ninguén que non queira traspasarse de lus n’ista labarada inxente que alumea os máis escondidos recantos do noso ser; ises corrunchos onde escondemos a nosa vida máis pura: onde a salvamos, salvándonos.

No intre en que morrera o lume dos nosos fogares, no intre en que os recunchos da nosa galeguidade esmorecesen na soma, no intre en que esquecésemos a nosa Língoa e a nosa Tradición, a nosa Terra xa non sería a nosa Terra. E nós xa non seríamos nós, nin seremos ninguén. Marcharemos estranos por todol’os carreiros, sin Patria, sin Língoa e sin Fogar; viviremos estranxeiros na nosa Terra, que deixamos perder; vagaremos a deriva n’un escuro neufraxio coleitivo.

Pra que ise día non chegue, -non debe nin pode chegar- n’ista Diada da nosa Fraternidade, todos xuntos, irmandados, sentémonos á mesa do noso gran Fogar, onde arde, permanentemente, o lume da galeguidade, comulguemos o pan e o viño do noso vivir tradicioal e auténtico; que a nosa Fala, esquecida e aldraxada, anaine no seu colo os máis limpos degaros da nosa i’alma.

Non agardemos sentados pol’o noso Porvir, ouvindo a vos agoreira dos graxos escuros. Vaiamos cara a il, con confianza en nós mesmos, co a ledicia que proporcioa o ser escultor, e poeta, e inxenieiros da obra común: unha Galiza nova, unha Galiza renacida, unha Galiza disposta a botar, en trance de aperta, os brazos do seu esprito por riba de todal’as cativas barreiras que separan os pobos.

Irmáns: Todos xuntos, en amor i’en dór, por Galicia! Pol’a Galiza de Onte e de Mañán! Pola’a Galiza de Sempre! Pol’a Galiza que temos de facer: reita, fecunda, inmorrente…!

Castelao – 25 de xullo 1934

  1. Canat razçon tiña. Pero agora alguns galegos din sentirse galegos e traballar pra todos os galegos pero o certo é que non fan máis que loitar contra o pais e o que é. Saúdos e apertas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

A continuación:

Concurso playlist Brugal & Spotify

Concurso playlist Brugal & Spotify